Conciliar é un dereito #STOPfolga // Conciliar es un derecho #STOPhuelga

AS FAMILIAS NON PODEMOS MÁIS!!  NON ÁS FOLGAS EN EDUCACIÓN! QUEREMOS SOLUCIÓNS XA!!

Chegamos a Setembro cunha folga convocada de 4 meses nas escolas infantís "Galiña Azul", catro meses!!! Chegamos das vacacións e asumimos inicios de curso imposibles, con desembolsos en materiais dignos dos centros privados máis caros do país. Chegamos con horarios laborais que impiden a conciliación, con políticos que non sofren os nosos problemas e non son quen de buscar solucións, e nos din que non houbo forma de desconvocar unha folga que nos afoga definitivamente?

Basta de que as familias paguemos os desencontros, non hai dereito a que dende a Xunta e os Concellos non poñan as medidas necesarias para que unha folga convocada en xullo chegue a setembro sen solución algunha para as necesidades de conciliación das familias. Vemos como ano a ano sube o prezo dos comedores escolares, o prezo dos libros, as extraescolares, os alugueres, a electricidade... Comprobamos con angustia que as prazas públicas de campamentos de verán son insuficientes, e chegamos a setembro con folgas evitables que complican a vida dos pais. 

Non hai dereito a que sexamos os que sempre pagamos todos os desencontros e a falta de vontade política para resolver os problemas das persoas. Os pais e as nais que traballamos oito horas diarias fora da casa para soster uns gastos abusivos vemos con desesperanza como ademais quedamos sen servizos de calidade nas escolas infantís, porque dende a Xunta o están desmontando por algún tipo de interese político que non coñecemos nin queremos coñecer. 

Comunicamos con claridade que non podemos máis sobre as nosas costas. Empatizamos coas mestras das escolas, que veñen de desculparse nun manifesto publicado a pasada semana, (abrir nunha nova pespero precisamos que o servizo siga adiante. Así que pedimos aos responsables políticos que cheguen a un acordo con urxencia. A unha semana do comezo do curso estamos desesperados. Que facemos coas crianzas? Quen as coida? Os prezos da vida non nos permiten reducir xornadas nin contratar axuda a domicilio, estamos afogados. Póñanse a traballar.

______________________________________________________________________________________

¡LAS FAMILIAS NO PODEMOS MÁS!!  NO A LAS HUELGAS EN EDUCACIÓN! ¡¡QUEREMOS SOLUCIONES YA!!

Llegamos a septiembre con una huelga convocada de  4 meses en las escuelas infantiles "Galiña Azul", ¡¡cuatro meses!! Llegamos de las vacaciones y asumimos inicios de curso imposibles, con desembolsos en material dignos de los centros privados más caros del país. Llegamos con horarios laborales que impiden la conciliación, con políticos que no sufren nuestros problemas y que no son capaces de buscar soluciones, ¿y nos dicen que no hubo forma de desconvocar una huelga que nos ahoga definitivamente?

Basta de que las familias paguemos los desencuentros, no hay derecho a que desde la Xunta y los Ayuntamientos no pongan las medidas necesarias para que una huelga convocada en julio llegue a septiembre sin solución alguna para las necesidades de conciliación de las familias. Vemos como año tras año sube el precio de los comedores escolares, el precio de los libros, las extraescolares, los alquileres, la electricidad... Comprobamos con angustia que las plazas públicas de campamentos de verano son insuficientes, y llegamos a septiembre con huelgas evitables que complican la vida de los padres. 

No hay derecho a que seamos los que siempre pagamos todos los desencuentros y la falta de voluntad política para resolver los problemas de las personas. Los padres y las madres que trabajamos ocho horas diarias fuera de casa para sostener unos gastos abusivos vemos con desesperanza como además nos quedamos sin servicios de calidad en las escuelas infantiles, porque desde la Xunta los están desmontando por algún tipo de interés político que no conocemos ni queremos conocer.  

Comunicamos con claridad que no podemos más sobre nuestras espaldas. Empatizamos con las profesoras de las escuelas infantiles, que se disculparon en un manifiesto publicado la semana pasada, pero necesitamos que el servicio siga adelante. Así que pedimos a los responsables políticos que lleguen a un acuerdo con urgencia. A una semana del inicio del curso empezamos a estar desesperados. ¿Qué hacemos con los niños? ¿Quién los cuida? Los precios de la vida no nos permite reducir las jornadas, estamos ahogados. Pónganse a trabajar.




 

Comentarios