Conciliar é un dereito #STOPfolga // Conciliar es un derecho #STOPhuelga
AS FAMILIAS NON PODEMOS MÁIS!! NON ÁS FOLGAS EN EDUCACIÓN! QUEREMOS SOLUCIÓNS XA!! Chegamos a Setembro cunha folga convocada de 4 meses nas escolas infantís "Galiña Azul", catro meses!!! Chegamos das vacacións e asumimos inicios de curso imposibles, con desembolsos en materiais dignos dos centros privados máis caros do país. Chegamos con horarios laborais que impiden a conciliación, con políticos que non sofren os nosos problemas e non son quen de buscar solucións, e nos din que non houbo forma de desconvocar unha folga que nos afoga definitivamente? Basta de que as familias paguemos os desencontros, non hai dereito a que dende a Xunta e os Concellos non poñan as medidas necesarias para que unha folga convocada en xullo chegue a setembro sen solución algunha para as necesidades de conciliación das familias. Vemos como ano a ano sube o prezo dos comedores escolares, o prezo dos libros, as extraescolares, os alugueres, a electricidade... Comprobamos con angustia que as prazas